Escudo FC Cruceiro do Hío FC Cruceiro do Hío Hío · Cangas do Morrazo Faite socio
FC Cruceiro do Hío
Faite socio Inscrición cantera
10/07/2026 por Marcos

Nova xunta directiva, novo proxecto para o Cruceirota posta en modernizar a entidade e recuperar a canteira.

Nova xunta directiva, novo proxecto para o Cruceirota posta en modernizar a entidade e recuperar a canteira.

Tras a marcha de Luciano Lorenzo, un novo equipo encabezado por Juan Ramón Martínez asume a dirección do club coa vista posta en modernizar a entidade e recuperar a canteira.

O FC Cruceiro do Hío estrea nova xunta directiva. Tras a dimisión de Luciano Lorenzo, un equipo de traballo encabezado por Juan Ramón Martínez toma as rendas do club coa idea de darlle unha nova vida a unha entidade que nos últimos anos compite en Terceira Autonómica.
Martínez está acompañado por Mario Santos como vicepresidente, Óscar Piñeiro como tesoureiro, Alexandra Cabanelas como secretaria e Salvador Cabanelas como responsable da canteira. Son cinco membros, o mínimo esixido pola Lei do Deporte de Galicia, aínda que a intención é ir ampliando o equipo cara ao futuro.
Entre as prioridades da nova directiva destaca a renovación do céspede artificial do Campo Javier Guimeráns, así como a mellora da iluminación das instalacións. Tamén se marcan como obxectivo recuperar o traballo coa canteira, con categorías como prebenjamín e benjamín, e aumentar a masa social do club.
A modernización pasa tamén polo salto ao digital: a creación dunha páxina web e o impulso das redes sociais, coa idea de facilitar que facerse socio sexa posible sen necesidade de achegarse ao campo.
A nivel deportivo, o obxectivo é ambicioso: loitar polo ascenso a Segunda.
← Todas as novas